Agosto 11, 2016

CAMPAÑA SOCIOS 2016/17: ¡HAZTE SOCIO/A! ¡SOMOS CLUB! ¡HACEMOS CLUB!

Haztesociobanner

“Ningún jugador a lo largo de un partido tiene más de un minuto la pelota en sus manos. En los restantes 79 minutos su función es estar en constante apoyo.”

Dende a directiva do Clube Campus Ourense Rugby queremos poñer no voso coñecemento a nova situación na que se atopa o Clube tralos últimos sucesos acontecidos na pasada primavera que están a xerar una nova era no rugby ourensán:

  • Formación do novo equipo directivo, trala dimisión de Luis Murias, liderado por Juan Carlos Rodriguez Cantón que está a apostar pola continuidade do seu predecesor.
  • Programación da vindeira tempada tendo en conta a nova situación deportiva do clube. Ascenso a Divison de Honor B, creación dun equipo para xogar en categoría rexional, reactivación do equipo feminino, e consolidación das categorías bases.

Como vedes todo este proxecto que está en continuo crecemento necesita de un salto de calidade para que continue a ser viable.
Preciamos da voso APOIO ben sexa aportando o vosa experiencia ou ben sexa aportando o voso tempo.

Na vindeira tempada necesitaremos xente que axude o Clube:

  1. A NIVEL DEPORTIVO:
    a) Coordinadores
    b) Entrenadores
    c) Delegados
    d) Voluntarios
  2. A NIVEL ORGANIZATIVO:
    a) Aumento de colaboradores
    b) Socios

Como vedes TEMOS NECESIDADE DE PERSOAS. De APOIO.

Unha das maneiras de apoiar o teu clube é pasar a formar parte da sua masa social. A continuación, desglosamos os diferentes tipos de socios que teremos nesta nova etapa:

  • SOCIO ABOADO: Prezo: 100 eur – (10 eur/mes de setembro 2016 a xuño 2017)
    – Voz e voto na Asamblea Xeral do Clube.
    – Carné de Socio.
    – Desconto na roupa deportiva del Clube (5%).
    – Desconto en actividades organizadas polo Clube (10%) .
    – Resto de beneficios para o resto de socios.
    Entidades Patrocinadoras
  • SOCIO COLABORADOR: Prezo: 50 eur (5 eur/mes de setembro 2016 a xuño 2017)
    – Voz (non voto) na Asamblea Xeral do Clube.
    – Carné de socio
    – Desconto en actividades organizadas polo Clube (10%) .
    – Beneficios dos socios de categoria FAMILIAR.
  • Categoría FAMILIAR: Prezo: Aportación Voluntaria.
    – Categoría especialmente pensada en familias con membros nas categorías de menos de 16 anos no que poden incluir todos os membros da unidade familiar.
    – Poderán participar en tódalas actividades q se organicen como clube.
  • Categoría C SOCIO – XOGADOR: Prezo: Cuota de xogador ( 15 Eur/mes dende Setembro 2016 a Agosto 2017 ambos inclusive).
    Nesta categoria pásanse a incluir a tódolos xogadores maiores de 16 anos que paguen a ficha federativa sen alterar a sua cuota que actualmente pagan como xogador.

Adxuntamos un formulario por si considerades axudar o voso clube facéndovos parte del.

Un saudo da directiva do Clube Campus Ourense Rugby.

Uno más,… ¿te vienes?

Haz clic en la imagen para descargar el FORMULARIO  FORM_SOCIOS

EMAIL_COU

HAZTESOCIO