Ourense Rugby
  • Galego
  • Castellano
Ourense Rugby

Noticias do clube

Ampla Derrota

Publicado o 26/04/10

O encontro non tivo moita historia, dende os primeiros intres o equipo de Vigo Rugby Ednon demostrou a súa superioridade e a diferencia que existe entre ambas divisións

O Campus Ourense mantivo o tipo todo o encontro nas fases estáticas, gañando sen moitos problemas as touches e melés propias, e defendendo ben as primeiras fases do ataque vigués, aínda que se viu superado en todo momento pola velocidade dos tres cuartos visitantes en segundas e terceiras fases.

Debido ao dominio visitante apenas contouse con balóns para xogar ao ataque, pudendo anotar tan só un drop mediada a segunda metade do encontro.

O resultado final de 3 – 75 reflicte ás claras o sucedido no campo.

Despois deste encontro remata a competición oficial para Campus Ourense Rugby este ano, aínda que o equipo continúa a adestrar para preparar partidos amistosos e torneos de verán que ten planificado.

Por outra banda, destacar o bo papel realizado polo equipo cadete no seu debut, tamén contra Vigo. O encontro tivo alternancia de dominio por parte de ambos equipos, igualdade nas posesións, reflectida no marcador final de 10 – 10.

Os rapaces adestrados por Yayo viaxarán a vindeira semana a Ferrol, para enfrontarse en partido de Copa aos locais Ferrol Rugby.

Debut do equipo Cadete o domingo

Publicado o 21/04/10

Os equipos cadetes de Campus Ourense Rugby e Universidade de Vigo EDNON enfrontaranse entre si o Domingo ás 11 horas como aperitivo ao choque que os equipos absolutos protagonizarán despois en eliminatoria da Copa Galicia Xunta.

Será o debut en competición este ano para os rapaces que adestra Yayo, un equipo formado este ano, que segue a abastecerse cos rapaces chegados das Rugby Escolas que o club ten en diferentes colexios e institutos da cidade.

Con este encontro os rapaces tratan de preparar o partido da vindeira semana, no que se enfrontarán xa en encontro oficial de Copa a Ferrol.

Sorte rapaces!

Comeza a Copa Xunta

Publicado o 13/04/10

Non houbo sorte no sorteo das eliminatorias da Copa Xunta para o equipo do Campus Ourense Rugby, xa que se enfrontará ao equipo a priori mais complicado, o Universidade de Vigo Ednon que milita na División de Honor B do rugby estatal.

Os ourensáns, que terán que superar ademais a desvantaxe de levar mais dun mes e medio sen afrontar ningún partido oficial, tentarán dar a sorpresa e vencer ao equipo vigués aproveitando o factor cancha.

O encontro conta co aliciente de ser o primeiro enfrontamento entre estes dous clubs nos últimos dez anos, ademais da rivalidade que implica que ambos equipos sexan dependentes da Universidade de Vigo.

O encontro disputarase en Ourense, no habitual campo de Monterrei o Domingo 25 de Abril ás 12 horas.

As outras eliminatorias da Copa Xunta deixan os seguintes emparellamentos:

FASE PREVIA 17-18 ABRIL

  • C.R. FERROL- C.R. FENDETESTAS

  • MAREANTES R.C.P- C.D. ZALAETA UNIVERSIDAD

  • UNIVERSIDAD EDNON VIGO R.C. B- MURALLA R.C.



  • CUARTOS DE FINAL 24/25 ABRIL
  • CAMPUS OURENSE- UNIVERSIDAD EDNON VIGO R.C. A

  • GANADOR 1 – C.R. LALIN CORETI

  • OS INGLESES R.C.- GANADOR 2

  • GANADOR 3 – CRAT UNIVERSIDADE



  • En categoría cadete, o debutante equipo ourensán enfrontarase en primeira rolda ao Ferrol a domicilio. Será o primeiro test dos xogadores que adestra Yayo.

    Este encontro disputarase en Ferrol o dia 1 de Maio.

    Lalín 26 - 10 Campus Ourense

    Publicado o 08/03/10

    Campus Ourense Rugby remata o ano cunha derrota en terras de Lalín. Os ourensáns perderon por 26 – 10 nun encontro trabado, no que houbo alternancia de posesións para ambos equipos, aínda que como ven sendo a tónica xeral este ano, os ourensáns non souberon converter en puntos o seu dominio da pelota.

    Deste xeito o Campus remata a liga na sétima posición, un resultado que non deixa bo sabor de boca, xa que a expectativa era moi superior.

    Coa liga xa rematada é tempo para a disputa da Copa Galicia que dará comezo en poucas semanas e na que aínda non se sabe cal será o rival dos ourensáns.

    Visita a Lalín

    Publicado o 04/03/10

    Campus Ourense Rugby visita esta fin de semana aos Abellóns RC de Lalín, no que será o derradeiro partido de liga este ano.
    Os ourensáns agardan rematar esta liga cunha vitoria que lles deixe un bo sabor de boca despois da mala campaña realizada, da que se agardaba mais.

    O Lalín atópase a 7 puntos dos ourensáns na táboa de clasificación, cunha vitoria mais co Campus.
    O equipo viaxará ao completo para este encontro despois das baixas dos últimos partidos.

    O encontro disputarase no Manuel Anxo Cortizo de Lalín ás 16,15 horas do sábado.

    Páxinas 1234567 ...

    Especiais

    Documentos

    Ligazóns


    Publicidade

    Lovell Rugby Shop


    Webmail


    Contacto

    Campus de Ourense Rugby Club

    Teléfono: +34647127245
    E-Mail: arvo@ourenserugby.com