Ourense Rugby
  • Galego
  • Castellano
Ourense Rugby

Noticias do clube

Campus Ourense 14 - 29 Cowper RC

Publicado o 23/01/10

Nova derrota para Campus Ourense Rugby, esta vez contra Cowper RC, un rival directo que os ourensáns ven deste xeito afastarse na táboa de clasificacións.

Os xogadores de Ernesto non estiveron acertados na primeira metade, e igual que sucedera o partido pasado, víronse por debaixo do marcador nos primeiros minutos.

Tres, tiveron que ser os ensaios que recibiron os ourensáns para que se meteran no encontro, reaccionando por medio da súa dianteira. Unha melé contundente e unha touche que comezaba a funcionar déronlle as primeiras pelotas ofensivas aos ourensáns. Foi nunha delas cando un destacado Alex conseguiu o primeiro ensaio para os locais.

Na segunda metade os ourensáns saíron con mais ganas, mantendo mais tempo o balón en posesión.
Froito desta presión chegaba o segundo ensaio, anotado tamén por Alex e transformado por Pelos que deixaba un 14-22 que auguraba unha remontada.

A cousa non foi así e os visitantes, cun xogo moi ben argallado da súa dianteira puxeron de novo distancia no marcador, ata deixar o 14-29 definitivo.

Hai que destacar no equipo local a boa actuación de Alex e Bocoi, que asinaron un bo encontro nos tres cuartos.

Importante encontro en fronte a Cowper RC

Publicado o 21/01/10

O sábado ás 16 horas no habitual campo de Rugby de Monterrei, os xogadores de Campus Ourense Rugby tentarán conseguir a vitoria fronte ao asturiano club do Cowper RC.

No partido de ida disputado en Oviedo o Cowper RC impúxose aos ourensáns nun duro encontro. O Campus Ourense Rugby agarda cortar a mala xeira de resultados gañando o sábado, contra o que é ademais un rival directo na táboa de clasificacións.

O adestrador local, Ernesto, poderá contar con Tonecho e con Santi, que foron baixa os dous últimos encontros. Pola contra, Agui e Seo serán baixa para este encontro.

Este encontro será o derradeiro que xoga o equipo na casa este ano, polo que animamos a todos os seareiros do club a que se pasen por Monterrei o sábado a animar.

Dura Derrota en A Coruña

Publicado o 16/01/10

Dura derrota para Campus Ourense Rugby no partido desta tarde en A Coruña. Os locais foron superiores dende o primeiro minuto e xa mandaban no marcador grazas a un ensaio conseguido na primeira xogada.
Tres ensaios mais dos locais na primeira metade deixaron afundidos aos ourensáns que so puideron conseguir oito puntos neste período cun ensaio de Abraham tras unha boa xogada de Pelos e unha transformación de este último.

Na segunda metade o dominio do xogo estivo mais repartido, os ourensáns conseguiron o control da pelota e atacaron en mais ocasións, anotando un ensaio por medio de Bocoi que transformado por pelos achegaba aos ourensáns.

Os locais reaccionaron, e con dous ensaios volvinse a afastar no marcador, asegurando o encontro.
Nos derradeiros minutos, os xogadores do Campus Ourense tocados no orgullo presionaron coa pelota aos xogadores do Crat, pechándoos na súa liña de vintedous, aínda que non conseguiron anotar.

Ao final do encontro 40 – 15 cómoda vitoria do CRAT que continua unha semana mais na primeira praza da liga.

Os ourensáns reciben en casa ao Cowper RC Asturianoa vindeira semana.

Por Campus Ourense Rugby xogaron:
Juancito(*), Lucas(**), Magui(*), Diegote(**), Brais(**), Aleja(**), Gerson(**), Abraham(***), Seo(**), Pelos(***), Rucho(*), Aguililla(***), Cristian(**), Leal(**), Mumary(**)

ademais entraron:
Mundina(**), Meta(**), Bocoi(**) e Alberto(*)

Visita ao líder

Publicado o 14/01/10

Campus Ourense Rugby desprazarase a A Coruña o Sábado para enfrontarse dende as 16.00 horas no campo de Acea Da Má ao líder da división, o CRAT A Coruña.
Os ourensáns retoman deste xeito a competición despois do parón do Nadal e tentarán dar a sorpresa e traerse a vitoria para casa.

Derrota no amigable

Publicado o 11/01/10

Campus Ourense Rugby viuse superado por Muralla RC no partido amigable disputado na tarde do sábado en Monterrei.

Ambos equipos saíron ao campo con moitas baixas, e varias modificacións nos seus quinces titulares. O encontro foi moi aberto, con moitas xogadas ofensivas por parte de ambos equipos e pouca intensidade nas defensas.

Os ourensáns comezaron anotando, e estiveron boa parte do encontro por diante, pero a efectividade do pateador do equipo lugués mantivo ao Muralla RC sempre no encontro ata que cun ensaio puxéronse por diante. Ao final un marcador de 26-31 daba unha xusta vitoria aos visitantes.

Moito terán que mellorar os xogadores do Campus de cara ao enfrontamento contra o CRAT da vindeira semana, ao que visitan sendo o líder da división.

Páxinas ... 23456789 ...

Especiais

Documentos

Ligazóns


Publicidade

Lovell Rugby Shop


Webmail


Contacto

Campus de Ourense Rugby Club

Teléfono: +34647127245
E-Mail: arvo@ourenserugby.com