Noticias do clube
Derrota do equipo Cadete
Publicado o 31/05/10
Na mañá do sábado, ás 11.00 horas e cunha temperatura ideal comezaba no campo de Monterrei o encontro Campus de Ourense Rugby Vs Universidade de Vigo en categoria cadete, con apenas unha trintena de afeccionados na bancada.
O campus Ourense Rugby formaba con Brais, Bochas, Angel, David, Anxo, Rodrigo, Gustavo, Jesael, Gustavo, Babarro, Moises, Cristian, Iaguito, Jorge e Freitas;
Moi bo partido dos mozos que en todo momento dominaron o marcador salvo no últimos dez minutos debido en parte á ausencia de Babarro, que tivo que abandonar o campo por unha pequena brecha nunha cella que non tivo maiores consecuencias, e ao estado físico dos Ourensáns que ainda están a comezar a súa andaina polo que están máis verdes debido á ausencia de competición.
O adestrador, Yayo, mostraba a súa satisfacción ao final do partido dicindo que os mozos empezan a correr cara a adiante e froito disto saíron o tres ensaios dos ourensáns que até o minuto 50 dominaban o marcador por 19-14. Os Ourensáns dominaban as Touch e perdían as meles pero a partir deste momento os vigueses dominaron o xogo aberto e as fases estáticas, a inferioridade numérica e a perda do ton físico e a concentración facilitaron a consecución de tres ensaios máis dos olivicos nos últimos 10 minutos, deixando o marcador final nun 19-31 moi meritorio para ambos os equipos.
Cabe destacar a boa actitude e respecto mostrado por ambos os equipos na que os asistentes gozamos dun bonito e entretido partido no que as alternativas dos ataques imperaron sobre a defensas.
Partdido Amistoso Cadete
Publicado o 28/05/10
O equipo cadete de Campus Ourense Rugby continúa a disputar partidos amistosos para darlle minutos aos rapaces recén chegados ao club.
Os rapaces que adestra Yayo enfrontaranse ás 11 horas do domingo ao equipo cadete de Vigo nas instalacións de Monterrei.
O encontro servirá ademais para preparar o torneo cadete que se celebrará o vindeiro dia 26 de Xuño tamén en Monterrei.
Finais Copa Xunta 2010
Publicado o 20/05/10
Este sábado 22 celebraranse en Lalín as finais da Copa Xunta Galicia.
A extensa xornada de rugby comezará ás 11 da mañá, coa celebración das semifinais infantís e rematará ás 19,30 horas cun gran terceiro tempo.
Polo medio, as finais cadete, feminina e xuvenil darán paso á gran final sénior que enfrontará aos equipos de CRAT e Universidade de Vigo Este encontro comezará as 17,30 horas.
A continuación a programación integra da xornada:
11:00 Semifinal 1 Infantil
11:40 Semifinal 2 Infantil
12:20 Final Cadete
13:30 Final Feminina
14:50 3º-4º posto Infantil
15:30 Final Xuvenil
16:50 Final Infantil
17:30 Final Sénior masculino
19:00 Entrega de trofeos
19:30 Terceiro tempo
Derrota do equipo Cadete en Ferrol. 42-15
Publicado o 03/05/10
Segundo partido para os rapaces do equipo cadete de Campus Ourense Rugby. Ferrol foi superior e impúxose por 42-15.
A continuación a crónica que preparou Yayo:
Partido dificil desde o inicio pola falta de dous xogadores no quice inicial o que non puña en bo lugar ao equipo visitante. A pesar do resultado, previsible até certo punto, o xogo dos Ourensáns mellora en certos aspectos ao conseguir en ocasións avanzar por iniciativa propia conseguindo neses momentos chegar até a zona de ensaio, tiveron máis oportunidades e estiveron en certas ocasións a piques de aumentar o seu marcador o cal demostra o progreso do seu xogo, a resaltar a boa actuación dos pateadores e o sacrificio que amosaron no campo. Aspectos negativos a mellorar, a organización espacial e a presión defensiva.
Resultado final 42 - 15. Ao descanso 24 - 5
Anotacións:
Ferrol:
1 *min.: ensaio de Juan Alfaro
5 *min.: ensaio de Jose Espiñeira
13 *min.: Ensaio de Guillermo López e transformación de Alfaro
30 *min.: ensaio e transformación de Alfaro.
43 *min.: ensaio de Jose Esp.
46 *min.: ensaio e trasformación de Alfaro
54 *min.: ensaio de Fernándo Sánchez
Ourense:
10 *min.: ensaio de Gustavo Adolfo Osorio Grisales
50 *min.: golpe de Andzhel Ogyanov Tyuntyundzhiev
60 *min.: ensaio de Jorge Adrian castro Batista
61 *min.: transforación de Pablo Babarro Sueiro
Cadetes na copa
Publicado o 30/04/10
O equipo cadete de Campus Ourense Rugby debutará este domingo en partido oficial contra Ferrol. Será en eliminatoria a dous encontros da Copa Xunta.
Os rapaces que adestra Yayo veñen de empatar contra Vigo a pasada semana en partido amigable, e viaxan a Ferrol con gañas de facer un bo papel, sabedores, iso si, da maior experiencia dos xogadores ferroláns.
O encontro disputarase no campo de A Malata as 11,30 do Domingo e será dirixido polo señor Dominguez.
Sorte Rapaces!




