Nesta fin de semana o CLUB CAMPUS OURENSE R.C. en categoría sub 18 desplázase a Valladolid para disputar o Campionato de España.

Os ourensanos representan á nosa comunidade como campións en vigor e terán que enfrontarse a rivais de renome e tradición no rugby nacional.

O sábado 3 ás 11 o debút será contra GETXO para xogar de novo ás 14:00 contra CAU VALENCIA. O último partido da fase de grupos é o domingo contra MARBELLA ás 9.00

A partir daS 13 h do domingo terán lugar os encontros entre os cuartos de cada grupo que determinarán os postos 7 e 8 do campionato; 13:45 postos 5-6; 14:30 postos 3-4 e a final está programada para ás 15:15.

Darlle as grazas a Federación Galega de Rugby, por o seu apoio incondicinal de todo o rugby galego e polos seus desexos de sorte en nome de todos os seus integrantes.

2014-04-30T12:50:44+00:00