“Ningún jugador a lo largo de un partido tiene más de un minuto la pelota en sus manos. En los restantes 79 minutos su función es estar en constante apoyo.”
Dende a directiva do Clube Campus Ourense Rugby queremos poñer no voso coñecemento a nova situación na que se atopa o Clube tralos últimos sucesos acontecidos na pasada primavera que están a xerar una nova era no rugby ourensán:
- Formación do novo equipo directivo, trala dimisión de Luis Murias, liderado por Juan Carlos Rodriguez Cantón que está a apostar pola continuidade do seu predecesor.
- Programación da vindeira tempada tendo en conta a nova situación deportiva do clube. Ascenso a Divison de Honor B, creación dun equipo para xogar en categoría rexional, reactivación do equipo feminino, e consolidación das categorías bases.
Como vedes todo este proxecto que está en continuo crecemento necesita de un salto de calidade para que continue a ser viable.
Preciamos da voso APOIO ben sexa aportando o vosa experiencia ou ben sexa aportando o voso tempo.
Na vindeira tempada necesitaremos xente que axude o Clube:
- A NIVEL DEPORTIVO:
a) Coordinadores
b) Entrenadores
c) Delegados
d) Voluntarios - A NIVEL ORGANIZATIVO:
a) Aumento de colaboradores
b) Socios
Como vedes TEMOS NECESIDADE DE PERSOAS. De APOIO.
Unha das maneiras de apoiar o teu clube é pasar a formar parte da sua masa social. A continuación, desglosamos os diferentes tipos de socios que teremos nesta nova etapa:
- SOCIO ABOADO: Prezo: 100 eur – (10 eur/mes de setembro 2016 a xuño 2017)
– Voz e voto na Asamblea Xeral do Clube.
– Carné de Socio.
– Desconto na roupa deportiva del Clube (5%).
– Desconto en actividades organizadas polo Clube (10%) .
– Resto de beneficios para o resto de socios.
Entidades Patrocinadoras - SOCIO COLABORADOR: Prezo: 50 eur (5 eur/mes de setembro 2016 a xuño 2017)
– Voz (non voto) na Asamblea Xeral do Clube.
– Carné de socio
– Desconto en actividades organizadas polo Clube (10%) .
– Beneficios dos socios de categoria FAMILIAR. - Categoría FAMILIAR: Prezo: Aportación Voluntaria.
– Categoría especialmente pensada en familias con membros nas categorías de menos de 16 anos no que poden incluir todos os membros da unidade familiar.
– Poderán participar en tódalas actividades q se organicen como clube. - Categoría C SOCIO – XOGADOR: Prezo: Cuota de xogador ( 15 Eur/mes dende Setembro 2016 a Agosto 2017 ambos inclusive).
Nesta categoria pásanse a incluir a tódolos xogadores maiores de 16 anos que paguen a ficha federativa sen alterar a sua cuota que actualmente pagan como xogador.
Adxuntamos un formulario por si considerades axudar o voso clube facéndovos parte del.
Un saudo da directiva do Clube Campus Ourense Rugby.
Uno más,… ¿te vienes?