Encontros de pretempada

Encontros de pretempada

Campus Ourense Rugby disputou durante este mes pasado varios partidos de pretempada nos que se enfrontou a Arcos de Valdevez, CRAT a Coruña e Pontevedra RC.
Estes partidos de preparación, nos que Campus Ourense non conseguiu vencer, serviron ao adestrador do primeiro plantel para comprobar o estado do equipo de cara ao inminente comezo de liga.
Este vindeiro sábado os xogadores ourensáns viaxarán a Lugo para enfrontarse a Muralla RC no que será o cuarto partido de pretempada.

Por outra banda o equipo cadete tamén comezou a súa preparación cun encontro disputado a pasada semana tamén contra Pontevedra RC.
Este sábado enfrontaránse a Os Ingleses de Vilagarcía no habitual campo ourensán da universidade. O encontro dará comezo ás 12 horas.

2013-10-19T19:55:58+00:00