HISTORICUP: A NECESIDADE DUN PROXECTO
A época que nos tocou vivir, permitiu que o deporte en xeral convertírase nunho dos fenómenos sociais con maior arraigo, capacidade de mobilización e convocatoria.
O deporte é competencia e superación, reto e meta, metáfora da vida humana, valores que se realzan e alcanzan a máxima expresión no noso deporte, o RUGBY.
O crecemento do rugby, , leva da man, como non, unha compoñente esencial para o seu desenvolvemento que non é outro que o económico.
A realidade actual levou a un notable descenso dos ingresos nas distintas federacións que levan a unha merma de organización de eventos competitivos de máximo nivel territorial, como así ven ocurrindo no noso deporte.
Esta falta de competicións levounos a buscares fórmulas que permitan que a actividade das seleccions non se paralice e que sexan quen de ofreceres a todo o panorama do rugby un producto do que nos derradeiros tempos pensamos adolece
Xurde logo, fai aproximadamente un ano, unha primeira rolda de conversas entre as Federacións de GALICIA, EUSKADI y ANDORRA quenes comparten unha idea común: a creación dun proxecto competitivo que recoñeza e potencie a realidade da identidade de cada país a través da vertebración deportiva do territorio.
Os tres membros fundadores do proxecto decidimos crear unha competición de nivel a modo do xa coñecido e famoso 6 Nacións, na que as nosas seleccións absolutas enfrentaranse entre elas para defender as cores do seu país.
Logo de varias reunións, nas que o embrión orixinario foise alimentando de todas e cada unha das ideas aportadas por cada un dos membros, e trala sinatura do “ ACORDO DE ANOETA” é agora o intre de dar a coñecer o torneo que terá a súa primeira edición nesta tempada ao largo das seguintes xornadas:
• 31 de Maio de 2014: EUSKADI – GALICIA en Getxo
• 7 de Xuño de 2014: GALICIA – ANDORRA en Pontevedra
• 14 de Xuño de 2014: EUSKADI – ANDORRA en Getxo
Historicup iníciase daquela cós tres participantes fundadores do proxecto, EUSKADI, GALICIA, E ANDORRA non estando pechada á posibel incorporación dalgún outro país, estado, territorio ou rexión que cumpla claramente cos parámetros históricos que sustentan a creación desta competición nun futuro
Fonte: Federación Gallega de Rugby