Eventos

Eventos
  • O vindeiro domingo 18 de Xuño poñemos punto e final a esta temporada cun xantar para todos os membros do club: xogadores, socios, familiares e amigos. Como os anos anteriores, o Centro Ecuestre "O Mundil" é o lugar elixido para a nosa derradeira xuntanza antes do descanso estival. Os mais pequenos gozarán vendo de preto os cabalos, cabras, aves e outros animais do centro. As instalacións contan con pistas de fútbol sala e baloncesto e ademais están preto dunha zona fluvial habilitada para o baño. Traede bañador! O menú será churrasco a esgalla, aínda que tamén contaremos con alternativas para vexetarianos/veganos. O prezo é de 10€ para nenos, 15€ para xogadores e socios e 20€ familiares e amigos. Como chegar: https://goo.gl/maps/9MDqWjssWShQq86u6 Calquera dúbida, podedes contactar con Rubén no teléfono 627032015