O equipo femenino do campus universitario de Ourense, desprázase ata as instalacións de Arteixo para dar comezo a liga galega de rugby 2014/2015; será o sábado día 11 de outubro as 17 horas.
Desta vez, o entrenador Julio Lamana debido a unha viaxe non poderá estar pero si o seu segundo Américo Gómes de Oliveira, ex tecnico do Ourense Senior Masculino a pasada tempada.
Despois de mes e médio de adestramentos, as rapazas xa teñen gañas de comezar a liga, xa que os amigables xa quedaron atrás e o importante e a competición regular.
Este ano con máis de 25 xogadoras, o clube terá que facer descartes, xa que o numero máximo de convocadas por partido e de 23.
Antes os senior xogarán o seu último partido amigable contra os senior do Zalaeta Arteixo para cubrir o oco do fin de semana de descanso que deparou o calendario para os da cidade das Burgas.
Sorte os dous conxuntos!!!