Para nenos e nenas entre 6 e 12 anos.
O rugby non só é un deporte emocionante e saudable, senón tamén unha fonte de valores esenciais como o traballo en equipo, a disciplina e o respecto mutuo. Cremos firmemente que o noso deporte enriquece a experiencia educativa dos estudantes.
As nosas escolas de Rugby, que darán comezo o vindeiro 14 de setembro, teñen as súas clases os martes e xoves, de 19:00 a 20:00 horas, no campo de rugby/fútbol da universidade. Estas clases son impartidas por monitores cualificados do noso club, que contan con ampla experiencia e teñen as titulacións necesarias para garantir unha formación de calidade e seguridade para os estudantes.
O rugby infantil adáptase ás necesidades e capacidades dos nenos e nenas para garantir que gozen dunha experiencia segura e formativa no deporte.
Podes contactar con nós en:
658134416 – 627032015
escolas@ourenserugby.com