Na mañá de hoxe, no CPI Tomás Lemos de Ribadavia, impartiuse unha clase ante 90 rapaces e rapazas do centro, para crear unha escola deportiva nesa localidade.
Estase a contar co apoio do Concello de Ribadavia para dita escola.
O encargado das escolas deportivas, Marcos Dacosta, salienta que é un xeito de ir introducindo o rugby nas distintas localidades da provincia, e destaca o gran esforzo que estan a facer os monitores deportivos, tanto do propio clube como do distinto profesorado de educación física, para introducir a modalidade de rugby cinta nos distintos centros de ensinanza de Ourense.
Seguirán, Carballiño, Cea, Allariz, Xinzo e Verín, ademais dos 14 centros da cidade que xa aportan rapaces e rapazas o campo de entrenamento da Universidade.
Grazas a todos pola vosa colaboración