Movember é un movemento que se celebra anualmente e no que os homes deixan medrar o seu bigote durante o mes de novembro para axudar a concienciar sobre temas de saúde masculina como cancro de próstata, cancro de testículo, saúde mental, prevención de suicidios …
Durante este mes organízanse por todo o mundo eventos que pretenden chamar a atención sobre temas de saúde masculina e recádanse cartos para axudar a unha ou máis institucións dedicadas a loitar contra estes problemas.
É por isto que durante este mes poderás ver bigotes nas facianas dalgúns dos nosos xogadores e seareiros.
Colabora co movemento!
A túa doazón axudara á asociación Movember a financiar programas revolucionarios para o cancro de próstata, o cancro de testiculos, a saúde mental e a prevención do suicidio.
Pode facer a túa doazón a través do espazo de Campus Ourense Rugby na asociación Movember:
https://es.movember.com/donate/details?teamId=2316010
Grazas por colaborar!