Movember

Movember

Movember é un evento anual no que os homes deixan crecer o seu bigote durante o mes de novembro e organízanse eventos coa intención de concienciar sobre temas de saúde do home tales como cancro de próstata, cancro de testículo, depresión masculina e similares e recadar diñeiro para axudar en cada país a unha ou máis institucións dedicadas a loitar contra os devanditos problemas da saúde masculina.

É por isto que durante este mes podes ver bigotes nas facianas dalgúns dos nosos xogadores a modo de concienciación e como modo de chamar a atención na procura de cartos para colaborar coa asociación Movember.

Animámoste a colaborar!

Podes colaborar directamente na web da asociación no enderezo:

https://es.movember.com/donate/details?teamId=2316010

Grazas!

2023-11-27T19:22:51+00:00