Reto Solidario – Andaina

Reto Solidario – Andaina

Reto Solidario – Andaina

5,00

Categoría:

Descripción

Co obxectivo de recadar fondos para asociacións que axudan a familias con nenos con cancro, o vindeiro día 11 de xuño tera lugar unha andaina solidaria, entre as 11:30 e as 12:30 horas, dende o Centro Comercial Pontevella ata o Complexo Hospitalario de Ourense. Esta andaina é unha máis das múltiples actividades que un grupo de nais ourensás están a realizar para recadar fondos para a investigación e para diferentes asociacións de loita contra o cancro infantil [+ info][+ info]

A participación na Andaina ten un custo único de 5 euros por persoa (1€ por quilómetro), que se destinarán integramente ás asociacións Bicos de Papel, Sant Joan de Déu e a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia. Ademais, tamén se pode adquirir a camiseta solidaria da proba a un prezo de 7,5 euros a unidade.

Desde o club animámosvos a todos a participar nesta andaina vestindo as cores do club. Ademais podes avisar aos teus familiares e amigos para conseguir recadar a maior cantidade de fondos.

Vémonos o 11 de xuño!