Xa podes facerte socio/a para esta nova temporada 25/26!!
Este ano o noso club quere seguir medrando xunto á súa xente e, por iso, presentamos catro modalidades de carnet de socio pensadas para adaptarse a todas as necesidades e formas de apoiar ao equipo. Desde os simpatizantes que nos acompañan e animan en cada encontro, ata aqueles que queren implicarse de maneira máis activa na vida do club, todos atoparedes unha opción con vantaxes exclusivas, descontos en actividades e merchandising, agasallos especiais e a posibilidade de formar parte máis directa da nosa familia rugbística.
Este ano teremos catro tipos de socios:
- Socio Simpatizante: O custo de facerse socio simpatizante é de 30 €, 20€ se es familiar ou amigo dalgún xogador do club. Poderás desfrutar de todas as vantaxes de ser socio do club: descontos de ata un 30% en eventos (xantares, ceas, festas …), no merchandising do club (camisolas, chandales…) e nos negocios asociados no Banco de Negocios Amigos. Levas ademais de regalo unha camiseta de algodón do club.
- Socio Colaborador: O custo de facerse socio colaborador é de 50€, ten todas as vantaxes do socio simpatizante pero levas ademais un polo de vestir do club de regalo.
- Socio Familiar: Por 70€ podes conseguir un carnet de socio transferible entre os membros dunha familia. Todos os membros gozan das vantaxes do carnet simpatizante. Levas ademais 3 camiseta de algodón de regalo.
- Socio de Número: Por 120€ tes todas as vantaxes do carnet simpatizante, pero con dereito a asistencia e voto nas asambleas do club. Levas de regalo unha suadeira ou camisola oficial de xogo do club.
-
Carnet Socio Simpatizante€30,00 -
Carnet Socio Colaborador€50,00 -
Carnet Socio Familiar€70,00 -
Carnet Socio de Número€120,00
Publicidade Empresa
Co carnet de Socio Empresa crearemos unha lona de 3×1 metros que se exhibirá no noso campo nos días dos partidos. Ademais incluiremos o logo da túa empresa no cartel dos encontros dos nosos equipos. Custo 400€.
Contacta con nós no enderezo de correo: ourenserugby@ourenserugby.com e falamos do deseño da lona e o logotipo.
Se ademais queres anunciar a túa empresa nun espazo nas equipacións do club, por favor, ponte en contacto con nós no enderezo de correo: ourenserugby@ourenserugby.com
Grazas!













