Tienda

Tienda
  • O vindeiro sábado 22 de Xuño poñemos punto e final a esta temporada cun xantar para todos os membros do club: xogadores, socios, familiares e amigos. Como os anos anteriores, o Centro Ecuestre "O Mundil" (Outomuro https://maps.app.goo.gl/H4VK2N7kWuaQ9Ljy9) é o lugar elixido para a nosa derradeira xuntanza antes do descanso estival. Os mais pequenos que o desexen gozarán vendo de preto os cabalos, cabras, aves e outros animais do centro 🐴. As instalacións contan con pistas de fútbol e baloncesto e ademais están preto dunha zona fluvial habilitada para o baño. Traede bañador! 🕝 Comezaremos a reunirnos a partir das 11:30. 🕝 A comida será a partir das 14:30 e consistirá nunha parrillada de tenreira galega 🍖 de Gandería Balín. Tamén temos alternativa Vexetariana/Vegana 🥦 🥑
    • Nenos: 10€
    • Xogadores/socios (+ de 18) : 15€ (introduce o teu código de socio para obter o desconto)
    • Non socios: 20€
    Toda a xente relacionada co Club está invitada a vir, agardámosvos a TODOS. 🚨 Se vos ou os vosos fillos, tedes dificultades para desprazarvos ao lugar, contactade con nos para organizar, xa que haberá xente que comparta coche. Calquera dúbida, podedes contactar con Rubén no teléfono 627032015
  • Polo de paseo Campus Ourense Rugby. Talles: 8-9 anos | 10-11 anos | 12-13 anos | S | S | M | L | XL | XXL Precio para socios: 25€ Precio non socios: 30€

    Entrega o día 28 de febreiro.

  • Camiseta de adestramento negra. Transpirable. Elástica. Talles: 8-9 anos | 10-11 anos | 12-13 anos | XS | S | M | L | XL | XXL Prezo para socios: Gramaxe alta: 23€ Prezo para non socios: Gramaxe alta: 28€

    Entrega aprox. o día 28 de febreiro.

  • Camista de adestramento azul celeste. Transpirable. En talles desde 8 anos ata XXL. Prezo para socios: 10€ Prezo para non socios: 20€

    Data aprox de entrega: 28 de Febreiro

  • Camiseta reversible de xogo para a escola. Equipación completa: Camiseta reversible azúl - rosa, con pantalón e medias. Talles 8-9 anos, 10-11 anos, 12-13 anos, XS, S, M, L, XL e XXL Prezo para socios: 38€ Prezo para non socios: 60€

    Data de entrega aprox. 28 de Febreiro