Este último sábado de Xullo os equipos senior e veteráns do club desprazáronse a terras costeiras ourensás (Nigrán) ó VIII Torneo Internacional de Rugbi Praia de Praia América que organiza Melgachos.
Nun día cun tempo espectacular, máis de 40 membros do club xuntaronse para disfrutar do xogo de ambos equipos e dun gran día de praia.
O equipo de veteráns fixo gala de toda a súa maxia, que iste grado concede, logrando a segunda posición no torneo.
O equipo senior alzouse como o mellor equipo galego do torneo acadando o subcampeonato. Non faltaron as risas e pasalo ben nunha xornada na que foron de menos a máis, perdendo a final no tempo engadido por ensaio de ouro dos nosos amigos do CRAV.
Xogaron:
-Magui, Anxo, Abuelo, Juanki, Fito, Magú, Cecilio, Aragón, Milla, Ángel, Abraham e Maka (Veteráns)
-Brais, Yago, Maka, Samu, Dopico, Bruno, Rubén, Bochas, Luca e Miguel (Senior).
Moitas grazas a tódolos acompañantes de ambos equipos que fixeron a xornada ainda máis especial e que seguro que recordaremos todos!
Non dubides en sumarte a nosa familia.
#SomosRugby
#SomosOurense