Este sábado o equipo Senior do Campus Ourense, abrirá a temporada de rugby na cidade das Burgas.
Os Ourensáns agardan este partido para conseguir a primeira victoria desta tempada despóis da derrota sufrida en Lalín contra o Coreti; e os Ingleses de Vilagarcía, non querrán baixar o nivel, despóis dos 63 puntos conseguidos na casa do Zalaeta Arteixo; polo tanto, duelo expectante as 16.30 do sábado no campo da Universidade.
O cadro de Américo Gómes tentará levar os seus homes cara a victoria despóis dunha dura semana de entrenamentos físicos e tácticos, onde se reforzaron as cualidades dos xogadores.
O equipo ourensán contará co apoio da grada como sempre, ademais do equipo cadete, que ainda non comezou a sua liga e virán a apoiar o seu referente no clube.